A Escola
A ESCOLA é unha viaxe no tempo que nos traslada á infancia común, ás antigas escolas unitarias do rural, ao noso pasado formativo desde os tempos da Lei Moyano, ….
Un tesouro aberto que garda verdadeiras reliquias e curiosidades, vestixios dunha época: pupitres de madeira, pizarras, mapas, ábacos, globos terráqueos, cartillas, iconografía, cadernos, ….. Patrimonio educativo que reflicte a pegada do que fomos e se converte no mellor libro de pedagoxía que podemos arelar.
A ESCOLA – ubicada na Casa de Cultura (As Neves)- está distribuída en dous andares:
. Na Planta baixa: unha aula típica do franquismo e a casa-habitación da mestra.
. Na Planta alta: unha ampla exposición (materiais didácticos, documentos, fotografías e todo tipo de aveños escolares) na que se reflicte a Hª da educación da Capela desde mediados do S. XIX ata a posta en marcha do actual Colexio.